Queremos convidarvos á xornada de presentación de resultados do proxecto Plataforma ODS, que terá lugar o venres 16 de outubro ás 16:00 h na Casa das Campás (Pontevedra).Plataforma ODS (odslocal.es (external link)) é un proxecto de ciencia aberta impulsado polo Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo e financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030. Esta plataforma está deseñada para reunir datos oficiais sobre o avance dos 8.131 municipios de España cara aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible mediante un mapa interactivo, indicadores comparables e datos abertos.
No encontro daremos a coñecer as accións impulsadas no marco do proxecto, e as funcionalidades e resultados acadados coa plataforma. Ademais, presentaranse as recomendacións resultantes do traballo realizado polo Comité Cidadán polo Clima, un grupo de traballo creado no marco do proxecto e integrado por representantes da cidadanía de Pontevedra que, ao longo de varios meses, traballou de forma colaborativa para definir posibles accións, relacionadas co consumo alimentario, que o Concello de Pontevedra poida ter en conta nas súas políticas de cara a reducir a pegada de carbono na cidade.
O encontro concluirá cunha mesa redonda na que falaremos sobre a conexión entre as asembleas cidadás e as decisións das administracións públicas, e ao rematar o evento compartiremos uns petiscos con todas as persoas asistentes.
A asistencia é aberta e gratuíta pero é imprescindible realizar inscrición previa, ata o 13 de outubro, a través deste formulario
Detalles do evento:
Data: 16 de outubro de 2026
Hora: 16:00 h (recepción desde as 15:45 h)
Lugar: Casa das Campás, Pontevedra
Inscrición (ata o 13 de outubro): https://forms.cloud.microsoft/e/4pYzviwcnR?origin=lprLink
Contamos con vós!
Datos de la propuesta
- Tipo: Presentación
- Modalidad: Híbrida
- Inicio: 2026-10-16 16:00
- Fin: 0006-10-16 18:00
- Lugar o enlace de conexión: https://www.youtube.com/live/SV5xqrHgq_8
- Municipio: Pontevedra
- Enlace de inscripción: https://forms.cloud.microsoft/e/4pYzviwcnR
- ODS relacionados: ODS 1 – Fin de la pobreza, ODS 2 – Hambre cero, ODS 3 – Salud y bienestar, ODS 4 – Educación de calidad, ODS 5 – Igualdad de género, ODS 6 – Agua limpia y saneamiento, ODS 7 – Energía asequible y no contaminante, ODS 8 – Trabajo decente y crecimiento económico, ODS 9 – Industria, innovación e infraestructura, ODS 10 – Reducción de las desigualdades, ODS 11 – Ciudades y comunidades sostenibles, ODS 12 – Producción y consumo responsables, ODS 13 – Acción por el clima, ODS 14 – Vida submarina, ODS 15 – Vida de ecosistemas terrestres, ODS 16 – Paz, justicia e instituciones sólidas, ODS 17 – Alianzas para lograr los objetivos
Borrador generado a partir del envío ODSL-EVE-20261006-HQLSJ. Revisa y completa los campos específicos antes de publicar.
Otros eventos
16 Oct · 16:00
Presentación pública da PLATAFORMA ODS
Queremos convidarvos á xornada de presentación de resultados do proxecto Plataforma ODS, que terá lugar o venres 16 de outubro ás 16:00 h na Casa das Campás (Pontevedra).Plataforma ODS (odslocal.es (external link)) é un proxecto de ciencia aberta impulsado polo Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo e financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo […]