Mi cuenta
ODS Local
Plataforma de ciencia aberta para o impulso local dos ODS
Gobierno de España, Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030, Dirección General de Agenda 2030

¿Que é Plataforma ODS?

Plataforma ODS é un proxecto cofinanciado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 que busca impulsar os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS) a escala local a través da co-creación de políticas baseadas na evidencia científica. Para isto, estase a desenvolver unha PLATAFORMA DIXITAL DE CIENCIA ABERTA para monitorizar os ODS a escala municipal en toda España.

PLATAFORMA
DIXITAL DE
CIENCIA
ABERTA

A iniciativa conta coa posta en marcha dun proxecto piloto na cidade de Pontevedra que permitirá dinamizar esa plataforma e que consta de dúas accións:

Un proxecto de
Ciencia Cidadá
con
alumnado de
educación
secundaria
A creación dun
Comité Cidadán
polo Clima
co
apoio do Concello
de Pontevedra

Comité Cidadán polo Clima

O Comité Cidadán polo Clima é un grupo voluntario de persoas locais que se reunirá mensualmente para debater e presentar as súas suxestións para a elaboración de propostas políticas.

Concretamente, este grupo analizará o patrón de consumo de alimentos en Pontevedra e elaborará, con apoio científico, propostas para mitigar os efectos do cambio climático relacionados con este patrón. Cando falamos de patrón de consumo referímonos, por exemplo, a que alimentos se consumen en maior medida, onde se mercan, a frecuencia de compra e outros aspectos que poden ter implicacións nas emisións de gases de efecto invernadoiro, agravando así o cambio climático.

Este grupo de persoas reunirase en 5 sesións, nunhas xornadas dirixidas por persoal experto, nas que, de forma dinámica e colaborativa, poderán expor as súas opinións respecto da temática que se vai tratar.

Ciencia Cidadá

A ciencia cidadá é unha forma de democratización do coñecemento que achega a ciencia á cidadanía para involucrala activamente na investigación. No proxecto Plataforma ODS, a ciencia cidadá é unha das ferramentas que se empregarán para recoller datos a escala municipal sobre os diferentes indicadores asociados aos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS).

A experiencia de ciencia cidadá neste proxecto comeza cunha actividade piloto na que alumnado e profesorado de secundaria dun centro educativo da cidade de Pontevedra desenvolve proxectos de investigación para analizar o patrón de consumo de alimentos no municipio. O equipo de Plataforma ODS imparte formación específica sobre ciencia cidadá ao profesorado e dá apoio ás persoas participantes para garantir o rigor científico de todo o proceso, de xeito que os resultados acadados poidan integrarse na plataforma dixital. O alumnado participante terá ademais a oportunidade de presentar os resultados dos seus estudos nun Foro que se celebrará no mes de abril, no que tamén participará o Comité Cidadán polo Clima.

Saltar al contenido principal